O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Goberno local aclara que Teo contará cun centro de día para os seus maiores tras aprobarse no último Pleno a moción presentada polo Partido Popular con 12 votos a favor e 5 abstencións

| compartir:
  • Ante as informacións sesgadas recibidas estes días, o Concello quere deixar clara a súa postura coa implantación deste servizo no municipio

  • Nestes primeiros meses de nova xestión municipal xa se están a levantar os alicerces deste novo servizo, feito que non se levara a cabo ata o de agora

  • Lucía Calvo de la Uz insistiu en que se trata dun “servizo prioritario e imprescindible para a veciñanza”, xa que máis de 4.000 habitantes do concello son maiores de 65 anos

O Goberno local de Teo quere deixar claro -ante as informacións sesgadas recibidas estes días- que o concello contará cun centro de día para os seus maiores, tras aprobarse no último Pleno a moción presentada polo Partido Popular con 12 votos a favor (por parte do Partido Popular e o Partido Socialista) e 5 abstencións (por parte do Bloque Nacionalista Galego e Proxecto Común Teo).

Neste senso, cómpre matizar que o Concello xa está en conversas coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para garantir a súa posta en marcha o antes posible. De feito, nestes primeiros meses de nova xestión municipal xa se están a levantar os alicerces deste novo servizo, feito que non se levara a cabo ata o de agora.

Así, tal e como se recollía na moción presentada e aprobada, o Concello está a xestionar a posta en marcha deste centro para así garantir que sexan os teenses quen desfruten do servizo prestado. O Concello está traballando arreo para que esta sexa unha realidade na maior brevidade posible e contando con todas as garantías legais. 

De feito, na defensa desta proposta, a alcaldesa popular Lucía Calvo de la Uz insistiu en que se trata dun “servizo prioritario e imprescindible para a veciñanza”, xa que máis de 4.000 habitantes do concello son maiores de 65 anos. Neste senso, manifestou daquela que “esta demanda debe ser valorada por todos os grupos políticos e remar xuntos cara un único fin: conseguir este servizo o antes posible”. 

Por último, a Administración local agradece o apoio doutros grupos políticos que si ven a necesaria posta en marcha deste servizo, sen atranques e apoiando a decisión do Goberno local na súa forma de execución.

votación

Arquivos descargables

Attachment Size
6.1.- MOCION PP CENTRO DÍA.pdf 214.89 KB