O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo aposta polo envellecemento activo da súa veciñanza maior con multitude de cursos e actividades para o ano 2024

| compartir:

O Concello de Teo abriu hoxe o prazo de inscrición para as numerosas actividades e cursos de balde do Programa Envellecemento Activo 2024, pensado para a veciñanza maior do municipio. 

Así, entre os cursos ofertados está o de pintura, encaixe de palillos, natación, curso de manexo de Internet e teléfono móbil e de lingua de signos. Tamén haberá actividades de estimulación cognitiva e memoria, ximnasia terapéutica e ximnasia para persoas con enfermidades crónicas. 

Ademais, para facilitarlle aos interesados o poder asistir a todas estas actividades, a oferta comprende numerosos lugares do concello, destacando as casas comúns de Cacheiras, Vilariño, Solláns, Oza, Lampai, Rarís e Francos. Pero tamén noutros lugares como A Ramallosa, Os Tilos, Luou, Lucí, A Torre, Recesende e Calo.

A oferta formativa ten moito éxito entre as persoas maiores do municipio, que ven a posibilidade de manterse activos e poder socializar co resto da veciñanza. Neste senso, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz incidiu na necesidade de seguir impulsando este tipo de cursos, xa que a través deles as persoas maiores poden fortalecer a súa memoria e sentirse acompañadas. Por outra parte, salientou, melloran as súas capacidades físicas mentres se seguen formando e seguen aprendendo. 

 

foto

Arquivos descargables

Attachment Size
INFORMACION GENERAL TEO 2024.pdf 77.96 KB