O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

𝗘𝗫𝗣𝗢𝗦𝗜𝗖𝗜Ó𝗡 𝗖𝗘𝗡𝗦𝗢 𝗘𝗟𝗘𝗖𝗧𝗢𝗥𝗔𝗟

| compartir:

Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Autonómicas do ano 2024 que terán lugar o 18 de febreiro de 2024. 𝗘𝘀𝘁𝗲 𝗰𝗲𝗻𝘀𝗼 é 𝗼 𝗽𝗲𝗰𝗵𝗮𝗱𝗼 𝗮 𝟮𝟴 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟯.

O Censo estará exposto ao público nas oficinas municipais dende o día 𝟬𝟮 𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝟬𝟴 𝗱𝗲 𝘅𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟰 (horario de 9:00 h a 14:00 h) para que poida ser examinado polos interesados e presentar, no seu caso, as reclamacións correspondentes. 

É necesario presentar o carné de identidade, pasaporte ou permiso de conducir para realizar a consulta informática do mesmo. No caso de cidadáns da Unión Europea será válido como documento a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos sinalados anteriormente que dispoña de fotografía.

As reclamacións deberán estar asinadas polo propio interesado.

Ademais para calquera consulta poden chamar o teléfono de información do censo: 𝟵𝟬𝟬-𝟯𝟰𝟯-𝟮𝟯𝟮.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Foto