O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Esta tarde celébrase o pleno ordinario do mes de novembro

| compartir:

Este mércores, día 22, o Concello de Teo celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 1204/23 Á RES 1392/23)

2.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PMP 2º TRIMESTRE 2023

3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN ANTE A ASOCIACIÓN DE ENTIDADES LOCAIS POLA LINGUA GALEGA

4.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOLICITANDO O CUMPRIMENTO DA INICIATIVA XABARÍN

5.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP POLA LOITA CONTRA A OCUPACIÓN ILEGAL E A MELLORA DA CONVIVENCIA VECIÑAL

6.- DITAME DA MOCIÓN CONXUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, PSOE DE TEO, BNG DE TEO E PXC POLA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

7.- MOCIÓNS

8.- ROGOS E PREGUNTAS

Pleno