O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escolas culturais e deportivas 2023-24

| compartir:

Publícase a oferta de actividades deportivas  e as actividade culturais para o curso 2023-24 para facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso. O primeiro prazo de inscrición comezará o 1 de setembro e estenderase ata o vindeiro 13 do mesmo mes no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.

Para o segundo e terceiro curso abrirase un período de inscrición e pago no caso de quedar vacantes na primeira quincena de decembro e na primeira quincena de marzo respectivamente.

Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.

A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 18 e o 26 de setembro. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago. Pode consultar as exencións e bonificacións e tamén no departamento correspondente e, no caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.

Coma todos os anos, haberá actividades para  persoas adultas e para a rapazada.

É obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.

Pódense descargar as fichas de inscricións, mais cabe recordar que o prazo de entrega comeza o día 1 de setembro e non son válidas as recibidas fóra de prazo:

- Folla de inscrición das escolas deportivas para a rapazada

- Folla de inscrición das escolas deportivas para persoas adultas

- Folla de inscrición das escolas culturais