O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comeza o curso escolar 2023-24 no Concello de Teo

| compartir:

Esta mañá Lucía Calvo, alcaldesa de Teo, e María Vázquez, concelleira de Educación, visitaron os tres CEIP de Teo para saudar aos alumnos e profesorado e dar ánimo no inicio do curso.

Aproveitaron para falar cos directores e programar reunións, seguindo así a liña de traballo iniciada xa en xuño.

A alcaldesa, Lucía Calvo, sinala que "A educación é a base da sociedade, os nenos e nenas que temos nas escolas son o futuro de Teo e da comunidade, e polo tanto, son para o goberno municipal do máis importante".

Para María Vázquez, concelleira de Educación, indica que "traballaremos para que centros escolares e Concello estean cerca, nunha sinerxia de traballo que nos achegue á comunidade."

O goberno municipal teense non se esquece do CRA e do IES de Cacheiras, centros aos que tamén se achegará en persoa nestes días para seguir traballando de cerca.

Coles

Coles