O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comeza a funcionar o Punto Xove na Mediateca de Cacheiras

| compartir:

Neste mes de xaneiro comeza a funcionar o Punto Xove na Mediateca de Cacheiras. Trátase dunha idea que xurde do Foro de participación da infancia e adolescencia de Teo (Fopia). 

A rapazada do Fopia trasladou ao Concello esa demanda, a necesidade dun espazo para a mocidade de uso libre e sen unha programación concreta, un espazo para estar e para compartir. Dende a área de Mocidade recóllese esta suxestión e en xaneiro abrirá a Mediateca de Cacheiras os sábados de 17:00 a 19:00 horas para a xuventude. Neste primeiro mes funcionará os sábados 14, 21 e 28.

A concelleira María López explica que “queremos que o Punto Xove sexa un espazo vivo polo que, a pesar de non contar cunha programación, iremos atendendo as suxestións das persoas usuarias”. Para achegarse ao Punto Xove non é preciso inscribirse. Só hai que ter entre 12 e 18 anos. A mediateca estará atendida neste horario de funcionamento por persoal específico e achegarse recursos como xogos de mesa, cooperativos… por se son do interese da rapazada. Ademais o espazo ten proxector, ordenadores, libros e ata un piano.

punto