O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comeza a actividade de teatro no IES de Cacheiras cun aumento de participantes

| compartir:

Na tarde de onte deu comezo a actividade de teatro no IES de Cacheiras con ata 60 mozos e mozas, un incremento nos inscritos para este novo curso. Ata alí desprazouse a concelleira de Educación, María Vázquez, para darlles a benvida e felicitalos por desfrutar de actividades como esta.

Así, a concelleira resaltou a ilusión de poder estar alí con eles por varios motivos, xa que ela mesma foi estudante no centro e ten participado do teatro na súa mocidade. Neste senso, destacou que “sodes un dos colectivos máis importantes para este Concello", recalcando o seu papel na comunidade e poñendo en valor o éxito que están a colleitar, xa que no vindeiro ano 2024 terán xira polo norte de España e en países como Francia e Holanda.

Por último, María Vázquez desexoulles toda a sorte, máis que merecida, e trasladoulles que o Concello está ao seu carón, apostando pola mocidade e recoñecendo o seu talento.

Grupo de teatro