O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de xaneiro

| compartir:

O mércores 25 de xaneiro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Durante a sesión debateranse dúas mocións de urxencia presentadas polo BNG, unha delas sobre relativa á mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago e outra para a dotación de fondos da Xunta en relación coas axudas á produción ecolóxica que cumpran co requisito da convocatoria para a campaña do 2022 e para o período 2023-2027 dentro do apartado de desenvolvemento rural da PAC.

A orde do día ten os seguinte puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 25/05/2022, 29/06/2022, 27/07/2022 e extraordinaria do 09/09/2022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 1693/22 á Res 1722/22, e da Res 01/23 á Res 65/23).
  3. Mocións.
  4. Rogos e preguntas.
concello