O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A alcaldesa Lucía Calvo de la Uz acompaña ao delegado territorial da Xunta na súa visita á casa rural Parada de Francos

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na visita á casa rural Parada de Francos, situado no concello teense. Tamén estivo o concelleiro de Desenvolvemento Industrial e Economñia Local, Ángel Barreiro.

Así, cabe salientar que o dito establecemento está incluído dentro do programa “Outono Gastronómico”, a campaña coa que Turismo de Galicia pretende impulsar o turismo rural tras o verán. Esta acción chega a súa décimo sétima edición combinando gastronomía, natureza, actividades turísticas complementarias e estadías en casas rurais nas catro provincias galegas. Esta campaña celebrase entre o 15 de setembro e o 17 de decembro. No programa deste ano incrementouse o número de aloxamentos rurais adheridos nesta iniciativa, un total de 79, dos que están na provincia da 24 na da Coruña.

Durante a visita, o delegado tamén informou que a Xunta de Galicia ten aberta unha nova convocatoria de axudas de 4M€ coa que impulsa a rehabilitación de edificios emblemáticos do Camiño de Santiago para crear establecementos de aloxamento ou restauración no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Búscase fomentar o turismo sostible e cultural, o mantemento e rehabilitación do patrimonio senlleiro galego con fins turísticos, a dinamización do rural, a creación de emprego e a ampliación da oferta de aloxamento e restauración no Camiño de Santiago.

Para máis información sobre esta liña de axudas, aquí: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85856/xunta-destina-4-para-impulsar-rehabilitacion-edificios-senlleiros-camino-santiago

 

 

foto