O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Volve o concurso cabalar a Teo!

| compartir:

Teo recupera o concurso cabalar e celebrará este evento este próximo domingo 11 de setembro en Ribas, Oza. Será unha xornada de reivindicación do mundo do cabalo que organiza o Concello en colaboración coa asociación Amigos do cabalo de Teo co apoio de firmas comercias.

O cabalo é un elemento central en eventos culturais coma os xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e na feira cabalar do San Martiño para a que o Concello tamén reclama esta declaración.

María López, concelleira de Turismo, destaca que “estes dous eventos non terían sentido sen o cabalo e para nós é importante que no Concello siga existindo un colectivo que coide e proxecte ao animal e o poña en valor”. Por iso apoiamos a iniciativa deste concurso no que ademais da propia actividade mais competitiva teremos exhibición de salto, música animación e polbeiro. 

A música, antes do mediodía, será unha sesión vermouth co espectáculo de Blues do País e Sindicato da Verbena. Alegría e troula garantida. 

As normas do concurso son as seguintes:

  • A documentación de cada animal será devolta unha vez finalice o concurso.
  • A organización reserva o dereito a eliminar ou expulsar do evento a todo participante que maltrate aos animais durante a celebración do mesmo.
  • Valorarase positivamente o uso da vestimenta axeitada para a presentación dos exemplares.
  • As probas serán xulgadas individualmente polo/a xuiz/xuíza asignado/a a cada pista.

HORARIOS PROBAS

8:30 Apertura de inscricións.
(Os/As propietarios/as dos animais deberán entregar á organización do evento a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición)
10:00 Poldros/as percherón (de 1 a 2 anos)
10:00 Poldras indefinidas (1 e 2 anos)
10:30 Eguas percherón (3 anos en diante)
10:30 Poldros indefinidos (1e 2 anos)
11:15 Cabalos percherón (3 anos en diante)
11:15 Poldras PRA (1 e 2 anos)
11:45 Eguas indefinidas (3 anos en diante)
11:45 Poldros PRA (1 e 2 anos)
12:45 Poldras PRE (1 e 2 anos)
12:45 Cabalos cruzados (3 anos en diante)
13:30 Poldras PRE (1 e 2 anos)
16:00 poldras PRA (3 e 4 anos)
16:00 Poldras PRE (3 e 4 anos)
16:45 Poldros PRA (3 e 4 anos)
16:45 Poldros PRE (3 e 4 anos)
17:30 Eguas PRA (5 anos en diante)
17:30 Eguas PRE (5 anos en diante)
18:00 Cabalos PRA (5 anos en diante)
18:00 Cabalos PRE (5 anos en diante)
19:00 Exhibición de arrastre

PREMIOS:

Todas as seccións morfolóxicas terán a seguinte distribución de premios:
1º Clasificado/a: 90 € + Trofeo
2º Clasificado/a: 60 € + Trofeo
3º Clasificado/a: 30 € + Trofeo
4º Clasificado/a: Medalla + Agasallo
5º Clasificado/a: Escarapela + Agasallo

anuncio

Arquivos descargables

Attachment Size
Triptico_ConcursoCabalar.pdf 1.67 MB