Teo asiste ao VII encontro de Consellos locais de participación da infancia e adolescencia

07-11-2022
encontro

A voz da infancia e adolescencia escoitouse durante esta fin de semana no Séptimo Encontro Estatal de consellos locais de participación, que este ano volveu a reunir de forma presencial a órganos de participación infantil e adolescente de toda España. Teo foi unha das localidades representadas esta pasada fin de semana en Cáceres  coa asistencia de Irene Iglesias, Alejandra Rodríguez e Lea González que estiveron acompañadas pola educadora familiar do Concello, Eva López. Na xuntanza, con 177 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos, debateuse sobre saúde mental, medio ambiente, educaición, desigualdade ou pobreza, entre outros temas. 

"A participación dos nenos, nenas e adolescentes na sociedade é fundamental, posto que teñen moito que dicir e aportar sobre os temas que lles afectan agora, e tamén no futuro. Ademais a participación é un dereito que teñen. Faremos unha sociedade mellor se temos en conta as súas propostas" indicou José María Vera, director executivo de Unicef España. Este encontro foi o primeiro presencial despois da pandemia. Unicef leva dez anos organizando estas reunións. 

A representación de Teo tivo un papel destacado xa que Irene, tomou a palabra na inauguración do encontro ao ter traballado no comité organizador do mesmo nos meses anteriores.

Durante toda a fin de semana, as asistentes participaron en diversas dinámicas e mesas de traballo nas que compartiron experiencias, opinións e diferentes puntos de vista ata chegar a unha serie de conclusións que se plasmaron nun Manifesto que servirá para facer incidencia política a nivel local, autonómico e estatal. 

Algunhas destas conclusións son: 

  • Saúde mental: débese invertir máis en saúde mental para contar con máis psicólogos e outros recursos, estando presente tamén na educación e seguir normalizando o falar dela. 
  • Educación: piden unha educación inclusiva real (sen barreiras arquitectónicas, con apoio ás familias con poucos recursos, e na que ningúen se sinta discriminado por ningún motivo) ou que se conte cos propios docentes cando se abordan cambios lexislativos. 
  • Pobreza e desigualdade: propoñen máis axudas ás familias que o precisan, facilidade para acceder a elas (dando máis visibilidade aos recursos existentes e permitinto solicitalos por distintas vías), flexibilizar a dotación de becas e fomentar un consumo máis responsable. 
  • Cambio climático: suxiren establecer límites ao consumo de auga, aumentar as reservas desta, reducir a produción de residuos, diminuír o uso do transporte privado ou incrementar a concienciación sobre a situación do medio ambiente. 
  • Seguemento dos ODS: centráronse nas zonas rurais, propoñendo reforzar a súa importancia para aumentar a poboación e os servizos mínimos nestas áreas; e na xustiza social, que consieran fundamental para garantir o respeto a todos os colectivos. 

O lema do encontro foi "É o noso futuro, son as nosas ideas" e debateron sobre eso para chegar a estas interesantes conclusións. 

Sobre Cidades Amigas da Infancia

A Iniciativa Cidades Amigas da Infancia ten como obxectivo promover, xunto coas entidades locias, que o benestar da infancia e a participación infantil e adolescente estea no corazón das políticas locais. Teo é cidade amiga da infancia dende o ano 2018. Dende entón a voz das crianzas e adolescentes de Teo tense escoitando no ámbito local pero tamén en diferentes encontros a nivel autonómico e estatal.