A Subdelegación do Goberno abre a exposición pública o expediente dun taller pirotécnico en Calo

12-07-2022
Sollans

RECORDATORIO. O prazo de alegacións ao expediente da pirotecnia remata o 11 de agosto. 

O Concello recibiu o pasado mes de xullo a comunicación da Subdelegación do Goberno informando da tramitación para o establecemento dun taller de fabricación de artigos pirotécnicos, situado no lugar de Solláns, parroquia de Calo e a apertura dun prazo de exposición pública de 20 días. 

O edicto que se exporá no taboleiro municipal indica que na Subdelegación do Goberno se está tramitando o citado expediente e ábrese o prazo para que calquera persoa física ou xurídica poida formular alegacións sobre o particular en defensa dos seus intereses. 

Poderán examinar o expediente que se instrúe na Subdelegación do Gobierno da Coruña, Servizo de Asuntos Xurídicos, Avenida da Marina nº 23, solicitando cita previa no teléfono 981.989.349. 

Podes consultar a comunicación recibida no Concello premendo aquí

O prazo de exposición remata o 11 de agosto de 2022. 

Reunión veciñal

Diante desta comunicación o Concello convoca unha xuntanza informativa en Solláns para alertar da problemática que conleva a tramitación deste expediente na Subdelegación do Goberno. A reunión coa veciñanza será este xoves 14 de xullo ás 20:30 horas na explanada exterior do local da Asociación a Baiuca. 

Dende o Concello amósase a maior preocupación por esta comunicación da Subdelegación do Goberno e anima á cidanía a asistir á xuntanza para poder estar informados e buscar a maior contestación social diante desta ameaza á veciñanza teense. 

Esta mesma mañá o alcalde xa falou cos representantes das asociacións da zona, como entidades máis afectadas e cos voceiros dos grupos políticos da oposición. 

Tamén se solicitou xa o acceso ao expediente completo á Subdelegación do Goberno que agardamos ter mañá para poder estudar a documentación e presentar alegacións. 

Arquivos