O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Policía Local denuncia ao condutor dun patinete eléctrico por positivo en drogas

| compartir:

A Policía Local de Teo denunciou a un condutor dun patinete eléctrico por un positivo en drogas e alcol. Segundo informa o xefe do servizo foi esta pasada fin de semana cando interceptaron a esta persoa que circulaba pola Travesía de Cacheiras a gran velocidade. 

Unha vez que lle deron o alto, foi sometido ás probas de detección de alcol e drogas dando positivo en tetrahidrocannabinol (THC). De confirmarse dito positivo no servizo de toxicoloxia da USC de Santiago de Compostela, poderá enfrentarse a unha sanción de 1000 euros. O patinete foi inmovilizado no lugar.

Dende a Policía Local lembran aos usuarios de VMP (Vehículos de mobilidade persoal) que os patinetes eléctricos están considerados vehículos, polo que teñen a obriga de someterse aos controis de alcol e drogas non podendo circular por travesías, autoestradas e autovías.

Dende o pasado 25 de decembro de 2021, a Policía detectou nos controis preventivos establecidos un total de 7 positivos en alcol e 11 positivos en drogas.

Patinete