O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Policía Local conta cun desfibrilador

| compartir:

Nos últimos días a Policía Local incorporou ao seu equipamento un desfibrilador automático (DESA) que se poderá mover nos vehículos do servizo. A intención é que se poida utilizar en intervencións urxentes, polo que é importante que se poida mover e non estea fixo nunha instalación municipal.

Nestas últimas semanas os axentes da Policía realizaron o curso para o uso deste equipo que é fundamental para intervir diante dunha parada cardíaca. Ademais a rapidez na que se usen estes equipos neste tipo de emerxencias é vital e incrementa o índice de supervivencia.

Dende o Concello considérase fundamental ter esta dotación e que a cidadanía saiba que a Policía Local conta con este desfibrilador. Membros deste servizo interviron no mes de novembro, coincidindo co San Martiño, nunha emerxencia na que un varón tivo un ataque cardíaco. Naquel momento o persoal fixo as manobras de respiración cardiopulmonar mentres non chegou o equipo médico.

Teléfono da Policía: 606 984 838

desfibrilador