O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará un programa de subvencións a proxectos que favorecen unha economía baixa en carbono

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 30 de maio nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Nesta sesión votarase a Fase II de solicitude de axudas europeas para proxectos de concellos de menos de 20.000 habitantes que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, obxectivo fundamental do programa Teo Sostible da Concellería de Urbanismo. Tras unha primera solicitude de case 500.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de depuración de augas residuais e para sistemas fotovoltaicos de electricidade en edificios municipais, este segunda fase inclúe diversas medidas derivadas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, redactado nos últimos meses. Algunhas das medidas propostas son sendas peonís e ciclistas ademais de camiños escolares seguros.

En total, os proxectos que se levan a Pleno teñen un importe total de 4.400.000 euros, importe que será financiado nun 80% coas axudas solicitadas europeas neste Pleno e un 20% por fondos propios.

Na sesión está previsto tamén debater unha moción de urxencia sobre o proxecto para a implantación dunha planta de residuos na Casalonga. Despois da xunta dos voceiros municipais realizada a semana pasada acordouse preparar un texto coa intención de realizar un posicionamento político conxunto de todas as forzas políticas teenses.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobacióni da acta da sesión do 25.04.18
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 346/18 á 421/18)
  3. Ditame da proposta da alcaldía de adhesión do Concello á central de contratación da FEMP
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da participación do Concello de Teo no programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POCS 2014-2020)-FASE II
  5. Mocións
  6. Rogos e preguntas
senda Luou

Arquivos descargables

Attachment Size
mocioncasalonga.pdf 17.42 KB