O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno votará as propostas de investimentos do POS

| compartir:

O mércores 2 de febreiro celébrase o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O Plan Provincial de Obras, tradicionalmente coñecido como POS, é un das principais asuntos da sesión. A proposta de obras foi consensuada con todos os grupos da Corporación recollendo as súas suxestións. As obras que se recollen son principalmente de mellora de viarios municipais.

Este ano unha das principais obras recollidas é a reurbanización do núcleo de Cachóns en Oza cun orzamento que se achega aos 300.000 euros. Con esta actuación farase unha actuación integral neste lugar tradicional. O Plan provincial tamén recolle o acondicionamento do viario na Póboa cun custo previsto de 180.000 euros; e a mellora do viario en Castres e Feros cun importe de 111.172 euros.

Na proposta que se vota no pleno recóllese ademais o Plan complementario, obras que se irán asumindo na medida en que queden fondos económicos. Neste caso recóllense a mellora do viario da Pedreira (Calo), o acondicionamento no Sisto, o saneamento e pavimentación en Casalonga e a reurbanización do núcleo de Lamas. A maiores destas obras o POS recolle algo máis de 300.000 euros que se usarán para gasto corrente.

Na sesión plenaria tamén se vota un POS adicional para gastos sociais extraordinarios a través do que se agarda investir case un millón de euros, a maioría fondos da Deputación. Este importe adicarase de xeito fundamental a financiar axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social así como a ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades.

Orde do día completa:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 27/10/2021.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da res 1434/21 ás res 1466/21, e da res 01/22 á res 109/22). 
  3. Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia como concelleiro de D. Manuel Barreiro Rozados. 
  4. Proposición da alcaldía de nomeamento da concelleira Dª María López Álvarez como representante da corporación no GDR "Terras de Compostela". 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do POS+ 2022.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de arpobación do POS+ adicional 1/2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 
  7. Ditame da moción do Grupo Municipal do PP solicitando ao Presidente do Goberno o cesamento do Ministro de Consumo. 
  8. Mocións. 
  9. Rogos e preguntas. 
casa do concello