
O mércores 23 de febreiro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Unha das propostas destacadas da sesión será o documento dos orzamentos municipais para o 2022. Trátase dunhas contas que recollen un total de ingresos e gastos previstos de 17 millóns de euros, concretamente 17.101.580,22 euros. O alcalde trasladoulle aos grupos municipais a proposta nunha xunta de portavoces hai unhas semanas. Dende a alcaldía destácase que os orzamentos "son o instrumento económico para poder viabilizar os investimentos acordados, moitos deles en consenso coas forzas políticas locais". Por outra banda as contas municipais garanten o funcionamento dos servizos públicos locais, destacando aqueles que se destinan a benestar, servizos de conciliación, ou mesmo o apoio ao movemento asociativo municipal.
No pleno tamén tomará posesión a concelleira do BNG Patricia Castelao.
A orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 24/11/2021.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 110/22 á Res 214/22).
- Toma de posesión de Dª Patricia Castela Ferreiro como concelleira da corporación municipal.
- Proposición da alcaldía de inicio de expediente de cambio de uso da parcela dotaiconal P1 do Plan Parcial de Parque Montouto.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobacióni de recoñecemento extraxudicial de crédito 01/2022.
- Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal 2022.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e demanda dos compromisos pendentes.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.