
O mércores 29 de xuño celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Un dos temas que se leva a esta sesión é a proposta de alcaldía para nomear a praza do parque dos Tilos, como praza do Mercado labrego. No ano 2012 comezaba a funcionar este mercado nos Tilos. Dende entón realízase cada sábado con arredor dunha decena de postos e de xeito continuado. No ano 2016 rematouse a cuberta da praza na que se realiza o mercado. Coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario dende o Concello considerouse acaído recoñecer a importancia do mercado dándolle o seu nome á praza na que se ubican, un espazo importante na urbanización dos Tilos.
Orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 27.04.2022.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 667/22 á Res 811/22).
- Dación de conta do cumprimento do artigo 104 BIS da le 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
- Dación de conta informe de reparos 2021.
- Ditame da proposta da alcaldía para nomear a praza do parque dos Tilos, como praza do Mercado labrego.
- Ditame da proposta da alcaldía sobre plan de medidas antifraude do Concello de Teo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestión dos fondos europeos.
- Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre reivindicación de medidas urxentes no servizo de transporte escolar de Teo.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.