O IES de Cacheiras volve a participar no Club de Debate

06-04-2022
club debate

Un equipo do IES de Cacheiras participou nunha nova edición do Club de Debate celebrado os días 5 e 6 de abril no Concello de Negreira. A fase previa desta competición escolar tivo lugar no Auditorio da localidade. O equipo Papagaio do centro escolar de Teo enfrontouse aos equpos do IES do Milladoiro (equipos A e B); CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e CPI Punta Candieira (Cedeira). 

O tema elixido nesta ocasión para debater foi o seguinte: "A liberdade individual está por riba do interese colectivo?". Os equipos traballan o tema para defender a favor ou en contra. Trátase de amosar a súa capacidade de oratoria en galego, a razón pola que nace esta iniciativa hai anos impulsada dende os equipos de Normalización lingüística. Teo participan nela dende o inicio. 

En Negreria o equipo do IES acadou o cuarto posto e María López, concelleira de Cultura, destaca "a importancia destas dinámicas nos centros educativos que seguiremos apiando dende o Concello, xa que fomentar o uso do galego e incentivar iniciativas coma esta está no noso ADN". A concelleira achegouse a Negreira para a entrega de premios nesta primeira xornada da competición na que participaba o equipo teense. 

A fase final celébrase en maio en Pontevedra e nela compiten os gañadores das fases previas que se están celebrando nestes días.