O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O goberno proponlle ao pleno a xestión directa do servizo de recollida de RSU

| compartir:

O mércores 26 de outubro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O pleno votará unha proposta da alcaldía sobre "a vontade do Concello de asumir a xestión directa do servizo de recollida de RSU". O alcalde, Rafael Sisto, remitiu ao resto dos grupos un estudo de avaliación de custos e sistema de xestión dos RSU e limpeza viaria e ten manifestado o seu interese en municipalizar este servizo. Na propia proposta o rexedor lembra que Teo conta con servizos de xestión directa coma o servizo de Augas, as escolas infantís o ou servizo de limpeza de edificios municipais, e considera positivo que se poida facer tamén coa recollida de lixo e limpeza viaria. 

Orde do día do pleno: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 1222/2022 do 23/09/2022 á Res 1340/2022 do 20/10/2022).
  2. Dación de conta do informe de morosidade e PMP 1º e 2º trimestre do 2022. 
  3. Proposta da alcaldía de toma de coñecmeento da renuncia de Dª Dolores Nariño Facal como concelleira. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de inicio de expediente de contratación do servizo de axuda no fogar. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de acordo previo sobre a xestión directa do servizo de recollia RSU e limpeza viaria do Concello de Teo. 
  6. Proposición da alcaldía de modificacióin da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles. 
  7. Mocións. 
  8. Rogos e preguntas. 

 

Pleno