O Diverteo Entroido funcionará na Ramallosa

05-01-2022
Diverteo

O Diverteo Entroido funcionará só no colexio da Ramallosa os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo. A inscrición está aberta do 10 ao 26 de xaneiro e para formalizala hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro ou a través da Sede Electrónica.

O Diverteo é o programa de conciliación que funciona nas vacacións escolares e o horario é de 7:30 a 15:30 h o servizo completo ou ata as 14:00 h sen xantar. A listaxe provisional publicarase o 2 de febreiro e o pagamento hai que facelo entre o 4 e o 14 de febreiro. As persoas admitidas recibirán a través do correo-e o documento de autoliquidación para o pago, que se poderá facer en Abanca ou a través do portal tributario do Concello.

Consulta a información completa sobre esta convocatoria premendo aquí