O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello valora positivamente a reunión informativa sobre a canteira da Casalonga

| compartir:

O goberno municipal valora positivamente a reunión informativa sobra a canteira da Casalonga realizada onte en Francos. O alcalde, Rafael Sisto, fixo unha exposición inicial na que falou da expropiación da pista da canteira por parte da Xunta de Galicia a favor de Toysal. Este procedemento expropiatorio, que o Concello ten recurrido xudicialmente, permite que Toysal teña o título de propiedade da pista en novembro e acuda ao Rexistro e ao Catastro. O rexedor destacou que o Concello non vai recurrir diante do Rexistro da propiedade nin do Catastro xa que non ten documentación que inhabilite este título de propiedade e facelo pode derivar nunha resolución negativa que non interesa. 

Sisto explicou que a pelexa agora está no Xulgado e se o fallo é a favor do Concello, desandarase esa inscripción no Rexistro da propiedade e no Catastro. Durante a intervención destacou que "en todo caso a pista da canteira no pode ser o eixe central da loita contra a posible instalación dun vertedoiro de residuos xa que en caso de perdela pódese xera unha frustración que non interesa". 

O alcalde tamén explicou que neste momento a concesionaria da explotación mineira non ten licenza de actividade ao tela suspendida polo Concello. Así e todo destacou que "a loita para evitar que se coloque un vertedoiro vai ser longa" polo que animou a manterse unidos. 

A xuntanza convocábase despois de que nas últimas semanas se teña cuestionado o traballo do Concello na xestión sobre a pista da canteira. Sisto lembrou que a pista se expropia porque a Xunta inicia ese procedemento a favor de Toysal e é a única administración responsable. 

Por outra banda tamén se falou da posible negociación con Toysal, que parte da veciñanza lle reclamou. Indicou que o alcalde se sentará onde o convoquen pero deixando claro o marxe de maniobra co que conta o Concello. Para falar con Toysal dunha posible compra dos terreos debe terse en conta que o Concello só poderá avanzar no proceso se hai garantías de que se completará o plan de restauración e se pode eliminar a cuadrícula mineira. Aínda así o alcalde dixo que "despois de rescatar aos bancos tamén deberíamos preguntarno por que temos que rescatar a Toysal?". 

O grupo de goberno valora o intercambio de opinións e a discusión que se deu na xuntanza e anotou a petición de que se faga unha comunición máis directa coa cidadanía deste tema. 

A semana próxima convocarase a comisión especial da canteira nunha xuntanza na que estarán presentes os servizos xurídicos e técnicos do Concello. 

Reunión