O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello pídelle á Xunta que incremente as prazas de comedor nos Tilos

| compartir:

O Concello solicita á Consellería de Educación que incremente as prazas de comedor no CEIP Os Tilos. Nos últimos días a concelleira de Educación, María López, tivo constancia de que este ano a listaxe de agarda no servizo de comedor neste centro volve a ser de 40 familias. "Trátase dunha situación inasumible para as familias e a institución responsable deste servizo ten que dar unha resposta rápida e real xa que se trata dun problema que non é ningunha novidade" destaca López. 

O 21 de xullo dende o Concello diríxise un escrito ao Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no que se reitera unha solicitude feita en ocasións anteriores: "A ampliación das prazas de comedor escolar do CEIP Plurilingüe Os Tilos para o vindeiro curso 2022-2023 e a construcción dunha nova edificación para tales efectos que garanta o número de prazas. Solicitamos un espazo no que se poida atender á totalidade de prazas de comedor solicitadas". 

A maiores o contrato de licitación do comedor dos Tilos recolle a posibilidade de incrementar as prazas ofertadas nun 20%. Esto non cubriría toda a demanda pero reduciría a listaxe de agarda polo que dende o Concello tamén agardamos que a Xunta poida realizar esta subida de prazas de cara ao inicio do  curso escolar. 

Dende o Concello xa se ten solicitada unha xuntanza co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para trasladar esta problemática e outras demandas da comunidade educativa teense. "Esta reunión debe concretarse á maior brevidade xa que os problemas como o do comedor dos Tilos ou as distorsións no transporte escolar son cuestións que xa veñen do curso pasado e non podemos iniciar o novo sen avances" indica María López. 

Dende a concellaría estase en permanente contacto coa ANPA e coa dirección do centro por esta problemática e outras inciativas. 

Servizo de conciliación municipal

Pola nosa parte este ano volverase a organizar o servizo de espera o próximo curso con similares características que no pasado dende o Departamento de Benestar, dirixido por Ignacio Iglesias. A finais de agosto abrirase o prazo de inscrición para as familiasnon excluídas no comedor por parte da Xunta. Este servizo permite que a catvada agarde atendida dende a saída do colexio ata que os/as pais/nais poidan recollelos. 

Ceip Tilos

Arquivos descargables

Attachment Size
Solicitude comedor Tilos 07-22.pdf 108.92 KB