O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello pedirá subvencións para a rehabilitación de varios edificios públicos

| compartir:

O edificio histórico que acolle a escola de Cacheiras, sede dun colexio do CRA de Teo, e o pavillón municipal dos Tilos son os edificos públicos que o Concello de Teo vai presentar ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos da administración local (PIREP).

Este programa financiado con fondos europeos, que busca a rehabilitación sostible e a eficiencia enerxética, seleccionará os mellores proxectos tomando como base os criterios de calidade, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade.

As actuacións de rehabilitación están financiadas con axudas que oscilan entre o 100 e o 85% de financiamento, segundo o tipo de actuacións, pero non posibilitan ampliacións ou novas construcións. Cada concello de menos de 20.000 habitantes pode solicitar un máximo de dúas axudas con criterios moi concretos e específicos. Unha vez estudada a convocatoria os edificios máis apropiados para solicitar estas axudas son os citados, o pavillón dos Tilos e o edificio da escola unitaria de Cacheiras.

Dende a alcaldía, o rexedor Rafael Sisto, explica que "para intentar ser elixidos neste proceso de concorrencia competitiva, seleccionáronse para a elaboración dos anteproxectos os estudos Arrokabe Arquitectos no caso da escola de Cacheiras e Villacé y Cominges para o pavillón dos Tilos, estudos de contrastada traxectoria e prestixio".

cole cacheiras