O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O 23 de abril celébras unha nova edición da Carreira Batalla de Cacheiras

| compartir:

O 23 de abril Teo volve a realizar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras recuperando o percorrido previo á pandemia. Deste xeito a carreira absoluta terá unha ruta de 9 quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.

As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 19 de abril ás 23:59 horas e xa están abertas. Podes inscribirte premendo aquí

Esta proba deportiva recupera a tradición de conmemorar os acontecementos históricos da Batalla de Cacherias, acontecidos o 23 de abril de 1846. O percorrido da proba absoluta vai polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzou para enfrontarse ao exércitos sublevado do xeneral Solís. A saída farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17:30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía. A entrega de premios farase ás 17:30 horas. 

Probas escolares

As probas escolares celebraranse en horario de mañá e serán no lugar da Torre, no espazo do parque enriba da autovía. As probas das crianzas comezarán ás 10:30 e rematarán sobre as 12:30. A continuación farase a entrega de premios. 

Os escolares competirán nas seguintes categorías: 

  • Participantes con acompañante (proba non competitiva). 150 m. 10:30 h. 
  • Sub 6. (proba non competitiva). 150 m. 10:40 h. 
  • Sub. Prebenxamín. 300 m. (dúas voltas ao circuito vermello). 10:45 h. 
  • Sub 8. Prebenxamín. 300 m. (dúas voltas ao circuito vermello). 11:00 h.
  • Sub 10 Benxamín. 1.100 m. (1 volta ao circuíto amarelo). 11:15 h. 
  • Sub 12 Alevín. 1.100 m. (1 volta ao circuíto amarelo). 11:30 h. 
  • Sub 14. Infantil. 1.400 m. (1 volta ao circuíto verde). 11:45 h.
  • Sub 16. Cadete- Sub 18. Xuvenil. 2.800 m. (2 voltas ao circuíto verde). 12:05 h.   

Podes consutlar o regulamento da proba e o resto de información de interese premendo aquí 

Ruta dramatizada cos Quinquilláns

Turismo programa para o domingo 24 unha ruta dramatizada pola ruta da Batalla de Cacheiras. A proposta é unha andaina dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto, nun percorrido coma o da carreira. Neste caso será o domingo dende as 10:00 horas e as persoas camiñantes estarán acompañadas da compañía Os Quinquilláns, que farán varias paradas e debullarán parte deste acontecemento histórico. A inscrición nesta actividade hai que facela entrando en turismo.teo.gal, no apartado de Actividades.

 

 

 

carreira