Nace o 13 parroquias para a difusión da información municipal

06-04-2022
trece parroquias

O Concello edita todos os meses unha publicación para a difusión da información municipal, coñecido ata o momento como InformaTeo. Dende este mes de abril cambia de nome e de deseño. Presentamos O 13 parroquias cunha nova imaxe máis visual e atractiva para chegar mellor ao lector. 

A publicación, que se distribúe de xeito gratuíto a todas as vivendas de Teo por correo postal, presenta as actividades de axenda do Concello. Trátase de achegar a todas as vivendas a oferta de actividades municipal. Ademais tamén se recolle informacións de interese sobre a xestión municipal. 

Neste número de abril infórmase, entre outros temas, de que o Concello pedirá subvencións para a reforma da escola de Cacheiras e do pavillón dos Tilos ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos da administración público (PIREP); da Carreira Batalla de Cacheiras que se vai celebrar o 23 de abril, ou información sobre a colocación de 23 novas marquesiñas a través dun programa financiado con fondos europeos. 

Podes consultar premendo aquí O 13 parroquias do mes de abril. 

Arquivos