O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Inauguración das árbores de noso

| compartir:

As árbores de noso volverán a colocarse en oito áreas comerciais do Concello durante estes días. Trátase dunhas estruturas realizadas por un artesán local que xa se instalaron o ano pasado. A idea é que a decoración desas árbores se faga en comunidade. Dende o Concello prográmase unha inauguración os días 16 e 17 de decembro animando a achegarse con algún adorno para as árbores. 

As inauguracións contarán con cantos de Nadal de asociacións de Teo nos seguintes lugares e horarios o próximo venres 16 e sábado 17. 

Venres 16. 18:00 horas. 

  • Tilos. Coa actuación de Arcos Tilos. 
  • Casalonga. Coral da Asociación Cruceiro do Monte. 
  • Rarís. Pozo da Xerpa. 

Sábado 17. 11:30 horas.

  • Luou. A. C. A Mámoa.

Sábado 17. 12:00 horas. 

  • Montouto. A. C. Rosalía de Castro.

Sábado 17. 13:00 horas. 

  • Cacheiras. A. C. A Mámoa. 

Sábado 17. 18:00 horas. 

  • Ramallosa. S. R. San Xoán de Calo. 
  • Pontevea. Demo de Reis. 

Nos actos teremos chocolate para as persoas que se acheguen. E nese momento tamén poderedes descubrir a sorpresa que van agochar o código QR que terá colgada cada árbore. 

arbores

 

arbore