Festa Apego para crianzas e familias

14-09-2022
Apego

Este vindeiro domingo 18 de setembro, o Concello de Teo organiza a segunda Festa de Apego. O Servizo de Normalización Lingüística, que xestiona o programa Apego, programou unha xornada de xuntanza, actividades e lecer para as crianzas e as súas familias que forman parte deste proxecto de socialización en lingua galega.

Esta xornada pretende servir para crear un espazo de achegamento lingüístico entre as familias por medio de actividades de ocio para as crianzas da casa. Así, ademais de promover un xantar conxunto, prográmase música, contos, obradoiros, xogos, circo... nun contorno natural: o parque o cu na palla, en San domingo, Calo.

Horario da xornada:

11.30 h Contada Canta, Buguina, canta, con Marta Ortiz

12.30 h Circo. Jano sen medidas

13.30 h Comida nas mantiñas

14.30 h Obradoiro de xogos con Gaia Ecocrianza

16.30 h Concerto de Pulpiño Viascón

A entrada é libre e de balde.

Cada familia deberá levar a súa comida, xa que haberá un tempo para comer na metade da xornada. Haberá cantina durante a xornada.