O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convócase un proceso selectivo para substitucións no servizo de limpeza municipal

| compartir:

O Concello convoca un proceso de selección para substitucións no servizo de limpeza municipal. A convocatoria publicouse, como estaba previsto no DOG do venres 18 de febreiro. Unha vez que se realice esa publicación as persoas interesadas en participar no proceso terán un prazo para anotarse de dez días hábiles.

As instacias para inscribirse poderán atoparse nas oficinas municipais ou premendo aquí. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 21 de febreiro ao 4 de marzo. 

A bolsa de substitucións do servizo de limpeza ten unha alta rotación polo que as persoas que superen o exame e queden seleccionadas teñen unha alta probabilidade de ser chamadas para cubrir vacantes por necesidades do servizo (baixas ou vacacións do persoal).

Para participar nesta selección só é preciso ter estudos primarios. A escolla farase a través dun exame tipo test de 40 preguntas. No caso de non acreditar o coñecemento do galego as persoas que aproben o primeiro exame terán que facer exame de galego.

O temario para o exercicio da oposición é de 15 temas, a metade sobre cuestións administrativas e o resto sobre temas específicos do servizo. As bases completas desta convocatoria na web, no apartado de Convocatorias/Emprego Público premendo aquí

limpeza

Arquivos descargables

Attachment Size
bases_convocatoriabolsalimpeza.pdf 158.01 KB