O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comunicado sobre o acto de Teenses pola igualdade no Auditorio

| compartir:

O goberno municipal informa, respecto do acto organizado pola Asociación Teenses pola Igualdade no Auditorio Municipal Constante Liste este sábado 12 de marzo, que o Concello non ten nada que ver coa organización nin o contido do mesmo, responsabilidade exclusiva da asociación Teenses pola igualdade.

Así mesmo dende o Concello condénase calquera actitude de transfobia ou de discriminación a calquera persoa por razón da súa identidade. Esta condena é rotunda e máis contundente cando os ataques se producen nun espazo municipal, aínda que non sexa unha actividade institucional.

Lamentamos a dor que este lamentable acto puido ter causada onte entre persoas afectadas directamente e reiteramos o compromiso coa diversidade. Un compromiso que se atende cada día na acción municipal e no que seguiremos traballando sen descanso.

 

 

trans