26-07-2022

O mércores 27 de xullo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual.
Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Un dos puntos principais do pleno será a votación do plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestións dos fondos europeos. Trátase dunha medida que deben aprobar as entidades que solicitan liñas de axudas dos fondos europeos.
A orde do día ten os seguintes puntos:
- Dación de conta das resolucións da alcaldaía (da res 812/2022 do 23/06/2022 á 958/2022 do 20/07/2022).
- Ditame da proposta de alcaldía sobre o plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestións dos fondos europeos.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.