20-05-2022

O mércores 25 de maio celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Na sesión realizarase a comparecencia do alcalde, Rafael Sisto, sobre o contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
Orde do día:
- Aprobación das actas das sesións extraordinaria do 01/03/2022 e ordinaria do 30/03/2022.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 529/22 á Res 666/22).
- Dación de conta do informe de intervención de control interno do exercicio 2021.
- Dación de conta dos resultados da liquidación 2021.
- Comparecencia do alcalde sobre o contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria no Concello de Teo.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG para a instalación de paneis de comunicación social.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.