26-12-2022

O mércores 28 de decembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Entre os asuntos que se debaterán está a prórroga do convenio para a xestión do Servizo de atención temperá que se realiza co Concello de Ames e conta con financiamento da Xunta de Galicia.
Tamén se votará unha moción do PSdeG-PSOE de rexeitamenteo ao novo proxecto de ampliación da autovía AG-59.
Orde do día completa:
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 1547/2022 do 25/11/2022 á Res 1693/2022 do 22/12/2022).
- Dación de conta do cumprimento do artigo 104 BIS da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
- Dación de conta da nova composición das comisións informativas trala presentación do escrito de data 07/12/2022 (R. E. número 6670) do Grupo Municipal do Partido Popular.
- Ditame da ratificación da resolución da alcaldía do 30/11/2022 (Res. 1569/22) de ampliación da prórroda do convenio do SAT.
- Ditame da proposta da alcaldía de modificación do proxecto de "Reurbanización da Rúa Rosalía de Castro, Parque Montouto, Parroquia de Cacheiras, Teo", aprobado dentro do POS+Adicional 2/2021.
- Ditame da moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE sobre rexeitamento do novo proxecto de ampliación da AG-59.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.