27-12-2021

O mércores 29 de decembro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
A orde do día completa ten os seguintes puntos:
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 1282/21 á 1433/21).
- Dación de conta do cumprimento do artigo 104 bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
- Dación de conta do informe de tesourería de morosidade e PMP 3º trimestre 2021.
- Ditame da proposta da alcaldía de ratificación do acordo transitorio de xestión do persoal laboral subrogado.
- Ditame da proposta da alcaldía de acordo de adhesión ao convenio da Axencia estatal da administración tributaria e a Federación española de municipios e provincias, en materia de subministro de información de carácter tributario ás entidades locais.
- Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo pola elimininación da susperstición como criterio técnico.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.