Campaña de recollida de fondosa para Ucraína

06-04-2022
campaña Ucraína

A rapazada do Fopia (Foro de Participación da Infancia e Adolescencia de Teo) impulsa unha recollida de fondos para Ucraína. Contan coa colaboración desinteresada de empresas e entidades nas que se instalaron petos para a recollida dos cartos. 

Os lugares nos que podedes atopar algún dos petos desta campaña son os seguintes: 

  • As farmacias de Teo. 
  • Asociación ARCOS Tilos. 
  • Anpa Río Tella do colexio da Ramallosa. 
  • Clube Patinaxe 
  • Asociación Galocrín. 
  • Piscina da Ramallosa. 
  • Aspamite. 
  • Sociedade Recreativa San Xoán de Calo. 
  • IES de Cacheiras. 
  • Ceips de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. 
  • Librería D´Ana. 
  • A Vagoneta educativa. 
  • Perruquería Lidia Mosquera. 

Dende o Concello agradécese a colaboración destas entidades con esta iniciativa solidaria da mocidade do Concello de Teo, que participa no Fopia. 

Os fondos recadados serán ingresados na conta bancaria de ACNUR, a Axencia da ONU para as persoas refuxiadas. 

A rapazada que participa no Fopia deseñou toda a campaña e tamén a cartelería e imaxe da mesma na que aparecen debuxos que amosan a destrución que provocan as guerras e os enfrontamentos bélicos. Tamén se recolle o lema "Non á guerra. Nas guerras non hai bando gañador, só perdedor". Unha mensaxe clara que traslada a mocidade de Teo e que interpela directamente á sociedade que quere colaborar dalgún xeito con este drama que está acontecendo coa guerra en Ucraína.