Aviso de cortes puntuais no tráfico por asfaltado na zona da Cascalleira

12-07-2022
obras

(EDITADO)

O Concello informa de que dende o venres 15 ao martes 19 se van facer traballos de asfaltado na zona da Cascalleira, na zona da obra Camiños escolares seguros. Os traballos suporán cortes puntuais de varias horas segundo os traballos vaian avanzando. 

Estas tarefas estaban programadas para iniciarse o mércores 13 mais por razóns alleas ao Concello tiveron que retrasarse. A previsión é que comecen o venres e rematen o martes 19. Durante a fin de semana non se farán traballos nin haberá cortes de tráfico. 

As vías nas que se vai traballar son a Cascalleira dende antes do acceso ao pavillón municipal e ata a N-550 así como o Camiño de Fixó e o ramal que une as dúas vías. 

Os autobuses de transporte regular deberían seguir funcionando nas mesmas paradas e horarios habituais. 

Desculpen as molestias que lles poidan ocasionar as citadas obras. 

cascalleira