O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre o prazo para anotarse no Diverteo de Semana Santa

| compartir:

O Diverteo de Semana Santa farase os días 11, 12, 13 e 18 de abril nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. As persoas que precisen utilizar este servizo de conciliación poden inscribir as súas crianzas ata o 11 de marzo, no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica. A ficha de inscrición pode descargarse da web municipal premendo aquí ou recoller nas oficinas municipais.

Este programa de conciliación ofrece un horario de funcionamento de 7:30 a 15:30 horas o ata as 14:00 horas se a crianza non queda a comer. Está dirixido a menores escolarizadas de 3 a 12 anos.

O Diverteo cubre unha importante necesidade das familias con nenos/as nos períodos de vacacións escolares, cando a conciliación é moitas veces moi complicada cos horarios laborais. 

As diferentes edicións deste servizo ten un programa educativo e as crianzas traballan sobre temáticas que lle fan máis ameno estas xornadas. Para que poidan estar atendidos pero dispoñan dunha oferta lúdica. 

As listaxes de solicitudes admitidas publicaranse o 14 de marzo e dende esa data ábrese o período de pagamento que remata o 24 do mesmo mes. Para o pagamento, as solicitantes recibirán un documento de autoliquidación que poderán pagar a través do Portal Tributario do Concello mediante un pago telemático ou nunha oficina de Abanca.

Consulta a convocatoria completa premendo aquí

Descarga aquí a ficha de inscrición para o Diverteo Semana Santa