Abre o prazo para anotarse no Campamento de verán da Deputación da Coruña

19-04-2022
Campamentos

A Deputación da Coruña abre a inscrición para os campamentos de verán que realiza cada ano. Cada Concello dispón dunhas prazas que no caso de Teo son 10 prazas. As crianzas teenses participarán na 2ª quenda desta actividade, que transcorre dos días 3 ao 8 de xullo.

A inscrición para esta actividade está aberta dende o 13 de abril ao 20 de maio e para anotarse hai que entregar o formulario debidamente cuberto no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica. A ficha debe ir asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor/a. Acompañarase da seguinte documentación: fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia, copia do aboamento da cota de inscrición. (cando a
praza estea conrmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web), no caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certicado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria. A inscrición só se pode facer no Concello de residencia.

Unha vez rematada a inscrición, no caso de que haxa máis solicitudes ca prazas, farase un sorteo. Terá prioridade os/as nenos/as que nunca asistiran a estes campamentos.

A actividade está dirixida a rapazada entre os 9 e os 14 anos (nada entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013). A estancia e manutención será no IES Rosalía Mera (Coruña), onde os/as rapaces/zas desfrutarán dunha ampla variedade de actividades. O custo do campamento é de 85 euros.

Consulta aquí o cartel dos campamentos de verán da Deputación. 

Descarga aquí o tríptico informativo e o formulario de inscrición.