O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo volve a acoller o programa o programa da USC "Camiños de coñecemento"

| compartir:

Teo volve a acoller o programa da Universidade de Santiago de Compostela, Camiños de Coñecemento e Experiencia , dirixido a persoas maiores de 50 anos que estean interesadas en ampliar a súa formación sobre temas como a historia moderna de Galicia, ou a herdanza segundo o dereito galego e Estatal, entre outros.

O programa vaise iniciar o 24 de maio de 2021 no Auditorio Constante Liste. Este programa está dirixido a maiores de 50 anos e non fai falta ter estudos previos. A inscrición é gratuita e pode facerse no Departamento de Cultura e Educación de luns a venres de 09:00 a 14:00 h, na Mediateca do Grilo en Cacheiras de 10:00 a 13:00 h, no teléfono 981 806 400 ou no correo a cultura@teo.gal. Os seminarios serán os días 24 e 25 de maio, e 1,2,3 e 4 de xuño de 2021.

Se che interesa podes descargar aquí o programa completo 

usc

Arquivos descargables

Attachment Size
programa_camiñoscoñecemento.pdf 16.18 KB