O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Remata o prazo de pago do IBI, lixo, pasaxes permanentes e IAE

| compartir:

Este mes de novembro remata o prazo para o pago dos impostos do IBI, o lixo, pasaxes permanentes e os ligados a actividades económicas, segundo publica a Deputación de Coruña no BOP do 30 de xullo de 2021.

O límite para realizar os pagamentos en período voluntario acaba o 15 de novembro, data inclusive. No
caso dos recibos domiciliados, o cargo fíxose na conta o 15 de outubro. E de non telo domiciliado, o pagamento débese facer co recibo que chega por correo postal, antes do 15 de novembro.

As persoas que non teñan o recibo ou non detecten o cobro na súa conta poden enviar un correo cos datos persoais a intervencion@teo.gal, para solicitar unha copia. Para calquera consulta poden dirixirse ao
correo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou ao teléfono gratuíto 900 13 22 04. O Concello ten delegada a recadación dos impostos municipais na Deputación.

O Departamento de Asuntos Económicos lembra que existe a posibilidade de fraccionar ou aprazar os recibos de 2021 e tamén para o 2022 e seguintes, acolléndose a un plan individualizado de pagos (10 cotas anuais) ou domiciliando os recibos en 2 prazos, sen custo.

impostos