Reabre a piscina municipal da Ramallosa

26-02-2021
piscina

As novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia permiten a reapertura da pisicina municipal da Ramallosa. Segundo se establece na orde publicada no DOG número 38 bis do 25 de febreiro en Concellos coma Teo permítese o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas cunha ocupación máxima do 30%. 

Deste xeito dende este venres 26 de febreiro volve a funcionar a instalación, tanto a piscina como a zona de ximnasio sempre coas medidas preventivas necesarias. 

Dende a Concellaría de Deportes trasládase ademais a confianza de que esta reapertura sexa definitiva, toda vez que as conversas coa concesionaria está moi avanzadas de cara a garantir o pleno funcionamento trala crise da Covid.