O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícase a oferta das escolas deportivas para o vindeiro curso

| compartir:

A oferta de actividades deportivas para o curso 2021-2022 xa está dispoñible para a consulta co fin de facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso. O prazo de inscrición comezará o 6 de setembro e estenderase ata o vindeiro 17 do mesmo mes. O número de prazas para cada escola variará en función das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.

A matrícula en cada escola completa terá un custo de 60 euros anuais e consta de tres trimestres, no caso de haber prazas libres nos seguintes trimestres abrirase un novo prazo de inscrición nos prazos que se indican na programación establecida. Así, o pagamento do curso completo debe realizarse do 24 de setembro ao 1 de outubro.

Coma todos os anos as actividades distribúense en dous grupos, diferenciando entre escolas para persoas adultas e para a rapazada.

 

Mantense a oferta de actividades

A programación de escolas deportivas municipais de Teo para o curso 2021-22 mantén unha ampla oferta de modalidades a pesar das posibles restricións que as condicionan. Estas actividades están xeograficamente distribuídas polo municipio e impartiranse en diversas instalacións nos Tilos, na Ramallosa, en Calo e en Cacheiras.

Así, entre as actividades para a rapazada, haberá baloncesto, billar, judo, karate, kickboxing, natación, pádel, patín, rugby e fútbol americano, skate, taekwondo, tenis, tiro con arco e xadrez.

A oferta para as persoas adultas estará formada por aeróbic, billar, kickboxing, pádel, taichi, tenis, tiro con arco e ximnasia.

Para información máis detallada sobre estas actividades pode contactarse co Departamento de Deportes en deportes@teo.gal, ou chamando ao teléfono do Concello de Teo, 981 815 700.

 

Programación das escolas deportivas con información de interese

Descarga aquí a ficha de inscrición da rapazada

Descarga aquí a ficha de inscrición das persoas adultas