O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse as listaxes de admitidos/as nas escolas deportivas

| compartir:

AVISO SOBRE O PAGAMENTO

Deportes informa de que o prazo de pagamento das escolas deportivas se amplía ata o 31 de outubro. 

A decisión de ampliar este prazo tómase polas dificultades que se están detectando co pago a través do portal tributario e para que eso non supoña ningún inconvinte na confirmación das prazas adxudicadas. 

O departamento de Deportes publica as listaxes de persoas admitidas nas escolas deportivas para o próximo curso 2021/22. 

As listas publícanse sen datos persoais identificando cada solicitude co seu número de rexistro. Se non se lembra ese número poden chamar ao Deportes para facer a consulta (881974802). 

Actividades

As actividades de rapaces/zas de KICKBOXING e TENIS PERFECCIONAMENTO CALO non tiveron o número suficiente de inscricións. As persoas que fixeron a inscrición nestas actividades pódense poñer en contacto co Departamento de Deportes para mirar a posibilidade de colocarse noutras actividades. Nas listaxes hai que comprobar os horarios definitivos así como se hai proba de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos. 

As solicitudes de non empadroados/as no Concello pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, se é posible completar os grupos.

Pagamento

Unha vez comprobada a inscrición hai que facer o pago da taxa correspondente do 24 de setembro ao 1 de outubro de 2021 (agás os/as que teñen pendente a confirmación de grupo ou están pendentes de facer sorteo de prazas).

Este ano o Concello xa conta cun Portal Tributario polo que o pago da taxa recoméndase facelo a través deste medio. Hai que lembrar que debe facerse o pago polos trimestres nos que se fixo a inscrición. No caso de solicitar bonificación hai que enviar a documentación xustificativa por Sede Electrónica ou darlle entrada no Concello de Teo polo Rexistro de Entrada.

Entra aquí no Portal Tributario do Concello de Teo. Dende este portal podes facer a autoliquidación da taxa da actividade na que esteas admitido/a e realizar o pagamento directamente a través dunha pasarela de pago na que entras premendo aquí

Podes consultar aquí un titorial sobre o funcionamento do Portal tributario.

As actividades comenzarán a partir do día 4 de outubro.

escolas

Arquivos descargables