O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A policía local tramita denuncia contra unha área de servizo na AP-9 por servir no interior

| compartir:

A policía local de Teo, dentro das tarefas de control que están realizando por mor da crise sanitaria, vén de tramitar unha denuncia contra unha empresa de restauración por servir comida no interior do recinto. Trátase dunha área de servizo da AP-9 situada no Concello de Teo xestionada por unha empresa catalana. 

A primeiros de semana recíbese unha chamada alertando de que había persoas "consumindo no interior da área de servizo Compostela, na AP-9, ubicada no km 81, no lugar de Cantoña, Teo". A patrulla que se despraza ao lugar comproba a veracidade da denuncia. Dende a empresa explican que permiten o consumo entre as 13:00 e as 16:00 horas aos conductores profesionais que acrediten a tarxeta CAP. 

Dende a Policía realízase unha consulta a AXEGA, dependente da Xunta de Galicia, sobre esta situación. Dende Axega contéstase que se mantén a restrición para consumir nos locais e só se pode dar servizo de recollida de comida. A propia Xunta recoñece que existen solicitudes das organizacións de transportistas sobre a posibilidade de consumir en interior en mesas individuais pero a normativa actual en Galicia non o permite. 

Diante desto a policía local de Teo tramita a denuncia correspondente. A proposta de sanción será realizada pola autoridade competente para a xestión da mesma. 

Neste momento a hostalaría en Galicia está pechada e só se lle permite servizo de recollida de comida ou entrega a domicilio. 

policia