A policía local fará un seguimento da reapertura da hostalaría

26-02-2021
policia

A publicación no DOG do 25 de xaneiro do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia fai que a Policía Local de Teo, poña en marcha actuacións especiais enfocadas á colaboración no cumprimento deste plan. Deste xeito nestes días ponse en marcha un servizo de axentes de paisano que levarán a cabo labores de información e explicación das medidas ao sector hostaleiro. En paralelo establecerase unha vixiancia e traballos de inspección para o cumprimentos das medidas sanitarias vixentes. 

Segundo explican dende a xefatura do servizo da policía local este servizo de reforzo terá lugar nas fins de semana en todo o termo municipal. Nestas primeiras xornadas de reapertura dos establecementos "entregaranse unhas fichas explicativas relacionadas cos aforos internos e externos, a rastrexabilidade a través de código QR, e outras medidas xa coñecidas de hixiene relacionadas coa COVID 19 segundo se establece na orde publicada pola Xunta. 

A citada orde, establece como mecanismo de inspección ás Policía Locais atendendo ao número de habitantes. No caso do concello de Teo, que ten menos de 19.000 e conta con 8 efectivos policiais establece dúas visitas semanais a cada establecemento, vixiancia que comezará a partires deste venres 26 de febreiro. 

Teo en nivel restrición media

Despois das novas medidas publicadas pola Xunta respecto da evolución da crise sanitaria Teo queda en nivel de restrición media. As agrupacións de persoas poden ser de ata 4 non conviventes, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir en interior cun 30% do aforo e as terrazas a un 50%. Sobre a mobilidadade a veciñanza de Teo pode saír do municipio e ir a calquera concello das áreas sanitarias de Santiago, Ourense, Vigo e Lugo que teñan unha incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos por 100.000 habitantes. Cabe destacar que sigue restrinxida a mobilidade nocturna entre as 22:00 e as 06:00 horas. 

Máis información premendo aquí

En relación ás instalacións municipais en Teo volve a abrir a piscina muncipal da Ramallosa.