O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pauliña e Os d'Abaixo póñenlle música ao San Martiño

| compartir:

O programa do San Martiño do 2021 chega cheo de música. Ademais das actuacións que poderemos desfrutar no día da Feiriña, o domingo 7 de novembro, e a propia xornada da feira, o día 11, os concertos de Pauliña e de de Os d'Abaixo serán os grandes atractivos do programa festivo deste ano.

Os dous concertos será na carpa institucional colocada na carballeira de Francos, en Calo. As actuacións son de balde pero para controlar o aforo é preciso inscribirse premendo aquí

Pauliña o sábado 6

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada..., non deixa indiferente a ninguén. O concerto de Pauliña será o sábado 6 de novembro en Francos ás 21:00 horas. Xusto ante farase a presentación oficial do San Martiño con algunha sorpresa...

Nesa fin de semana a previsión é que xa haxa carpas de polbeiros instaladas na carballeira.

Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais da súa bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas das súas letras.

Para estre proxecto musical que a cambadesa emprendeu, sempre cara adiante, Pauliña, rodeouse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas, o que fai que conexión no escenario entre ela e a banda sexa total, e que esta se contaxie a todxs aqueles que se achegan os seus directos: Iago Jorge: Batería; Lolo Arincón: Baixo; Paco Montoto: Teclados e melódica e Julián Gullón: Guitarra

​Cun directo potente e demoledor, onde mesturan o country ca música folk, rock e blues, non deixan a ninguén indiferente, e as críticas recibidas destes dous primeiros traballos por parte do público e dos medios especializados así o demostran. Se queres ver e desfrutar do directo de Pauliña e a súa banda reserva xa a túa entrada premendo aquí

A véspera cos d'Abaixo

E se o programa o abre Pauliña a véspera do San Martiño tócalo á formación Os d'Abaixo. O concerto será o mércores 10 de novembro, tamén ás 21:00 horas na carpa instalada en Francos e para reservar entrada podes facelo premendo aquí

A banda folk Os d'Abaixo fórmase no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Este 2020 celebrou 10º anos nos palcos no seu mellor momento artístico. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra. Agora están inmersos nun terceiro traballo que volverá xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia.

 

os dabaixo

Pauliña

Arquivos descargables

Attachment Size
cartel_sanmartino.jpeg 354.61 KB