O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os sillóns mercados por Armando Blanco están no Concello

| compartir:

Diante da información publicada hoxe, 14 de outubro de 2021, no diario El Correo Gallego na área de Concellos da Área de Compostela co seguinte titular "Encuentran varios de los ‘tronos’ de Armando Blanco a 1.500 km de Teo" dende o Concello infórmase que os sillóns mercados no seu momento por Armando Blanco están nas dependencias municipais. 

Diante do salón de plenos actual pódense ver dous de xeito habitual. Dos 23 exemplares adquiridos 15 están no depósito do arquivo municipal xunto coas mesas. Hai 3 que están nas dependencias da SR de San Xoán de Calo e 3 no CC da Pontevelle en Reis. En Nadal é habitual que estes sillóns se usen para a tradicional cabalgata de Reis que facía paradas nos locais das asociacións. 

Podes consulta aquí a información sobre o citado mobiliario. 

sillóns

Arquivos descargables

Attachment Size
documento_sillons.pdf 72.81 KB