Os días 10 e 11 adornamos as Árbores de noso

03-12-2021
árbore

Xa podedes reservar na axenda os días 10 e 11 de decembro! Eses días adornaremos as árbores de noso coa vosa axuda. Para eso precisamos que vos acheguedes a algunha das ubicacións das árbores cunha bola ou un adorno e o Concello convida a un chocolate quentiño. Tamén vos animamos a traer a vosa taza para evitar residuos innecesarios. 

María López, concelleira de Desenvolvemento Local e Cultura, explica que "programamos unha oferta de Nadal moi pensada para as crianzas pero sen esquecer ao noso comercio". As árbores de noso son artesanía local xa que as pezas son obra de Rodrigo Mosquera de Tres Oficios e estarán ubicadas en zonas comerciais de Teo. A decoración comunitaria fase nos seguintes horarios: 

decoracion

Ambientación nas árbores 

Durante as semanas do Nadal de noso tamén teremos ambientación diversa. Deste xeito despois da chocolatada inicial, o sábado 18, o Apalpador visitará a ruta Apego en Pontevea de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h; o domingo 19 teremos mercado de Nadal nos Tilos de 11:30 a 19:30 horas; o venres 24 en Cacheiras e Montouto teremos un pasacalles de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros ás 16:30 horas e o martes 28 teremos fotomatón de Nadal, na Casalonga de 11:30 a 13:30 e en Luou de 14:30 a 16:30 h.

As “árbores de noso” tamén terán Cantos de Nadal con actuacións na rúa de coros do Concello nos seguintes horarios: 

  • 23 de decembro na Casalonga ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo. 
  • 23 de decembro en Pontevea ás 20:00 h grupo da Mámoa de Luou. 
  • 30 de decembro en Cacheiras ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo. 
  • 30 de decembro en Luou ás 20:00 h grupo da Mámoa de Luou.