O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello realiza unha poda para salvar a carballeira de Luou

| compartir:

Un informe técnico sobre a carballeira da Igrexa de Luou encargado polo Concello a finais do ano pasado, poñía de manifesto a necesidade de actuar nesa zona. Trátase dun espazo con varios carballos de bastante idade e moi deteriorados e dous exemplares da especia "Platanus Hispanica" para os que se recomenda a súa tala. 

Os servizos técnicos solicitaron un informe, que podes ver premendo aquí, que valorase a situación da zona e fixera as recomendacións de tratamento axeitado. Nos últimos tempos produciuse algunha rotura de polas grandes e existía un evidente risco para a seguridade das persoas ademais de recomendacións para a supervivencia das propias especies arbóreas.

No informe técnico indícase a poda e redución de nove exemplares de carballos e a tala de dous carballos e dous plataneros, estes últimos porque están condicionando a conservación da carballeira.

Segundo se establece nas conclusións do estudo atopámonos cunha carballeira que presenta árbores de idade moi avanzada e con problemas propios das árbores en fase adulta, mais a estes problemas propios da idade hai que sumarlle outros debido a podas inapropiadas, obras ao redor dos troncos co afectación ás raíces, presenza de fungos parásitos, e outros problemas debido á densidade do número de árbores por metro cadrado.

descargas

Arquivos descargables